O inicio de obras na Biblioteca municipal de Narón afectará a varios servizos

A Biblioteca municipal de Narón será obxecto, a partir deste  martes dunha serie de obras de mellora de accesibilidade que suporán un investimento de 39.083 euros. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, explicou que a intervención se cofinanciará a través dunha subvención da Consellería de Cultura e Turismo, por importe de 19.969 euros, destinada ao equipamento e a mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.

Os traballos a realizar, tal e como indicou a edil naronesa, consistirán na adaptación dos aseos existentes (habilitando un accesible no soto), das portas principais dos itinerarios accesibles e as de entrada da primeira planta (que terá un maior dimensionamento) e do soto, donde se localiza a Bebeteca, e mellorarase o sistema de iluminación das escaleiras da planta baixa. Así mesmo, modificarase a rampa de acceso dende o exterior ás citadas instalacións municipais.

Taibo incidiu en que a execución destes traballos afectará aos servizos da Biblioteca municipal a partir deste martes. As instalacións, recalcou, manterán o seu horario de apertura habitual e o servizo de préstamo, pero tanto os servizos de sala de lectura e estudo como os de sala de informática e hemeroteca prestaranse en función de se os traballos o permiten en cada momento.

Así mesmo, a planta soto, donde se localizan a sección infantil e a Bebeteca, permanecerá pechada ata novo aviso. E, ademais, na planta baixa da sala de adultos/ as haberá unha selección de obras infantís para que os usuarios e usuarias poidan seguir utilizando o servizo de préstamo. O resto de materiais destas seccións estarán dispoñibles baixo demanda sempre e cando se soliciten con antelación, tal e como indicou a edil.

Durante o tempo de execución destas obras –a previsión é que estean rematadas este mismo mes- a Axencia de Lectura municipal da Gándara, na Casa da Mocidade, reforzará o seu horario, abrindo de luns a venres entre as 16.00 e as 20.00 horas. Nas instalacións hai sala de lectura e de informática, biblioteca e servizo de préstamo, podendo acceder co carné da rede de bibliotecas.

A concelleira de Bibliotecas solicitou de antemán desculpas aos usuarios e usuarias das instalacións polas molestias que se poidan ocasionar durante o tempo de execución dos traballos

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …