Persoal técnico e administrativo da área de Benestar Social formarase no manexo da Historia Social Única Electrónica

Os días 10, 15 e 17 de outubro, persoal técnico e administrativo da concellería de Benestar Social de Ferrol participará nunhas xornadas formativas no Centro Municipal de Emprego. Deste modo, traballadores sociais e auxiliares administrativos recibirán formación sobre a Cita Previa, a Historia Social Única Electrónica (HSUE) e o Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais (SIESS). No caso da HSUE, o Concello de Ferrol aprobou recentemente a súa adhesión, polo que se trata dunha formación moi necesaria para a adaptación do departamento a este novo recurso.

Os cursos serán impartidos por persoal técnico da Dirección Xeral de Inclusión da Consellería de Política Social. Dende a concellería apuntan que estas ferramentas de xestión propias do sistema público do servicios sociais permitirán, a través das novas tecnoloxías, “poñer en práctica un enfoque integral da atención ao público”. Así, a demanda ante as administracións públicas serán tratadas como un dereito dos cidadáns.

A concelleira de Servizos Sociais explica que a formación implicará “unha mellora do que temos, do que facemos e de cómo lo facemos”. Neste senso, asegura que “na liña do compromiso deste goberno coa cidadanía para facer respectar os seus dereitos de acceso aos servizos públicos, o uso da tecnoloxía nos axudará a mellorar a eficacia e transparencia da atención ao público e as súas demandas”.

Conscientes os técnicos da concellería de que a análise e o tratamento da demanda recibida é fundamental para a reducción das listas e tempos de espera, a formación “permitiranos actuar no aproveitamento dos recursos humanos e del tempo, e mellorar as respostas ás demandas”, detalla Eva Martínez Montero.

Por último, a concellería exporá un programa de notificacións e avisos para os profesionais e usuarios que permita unha xestión do tempo diferenciando a tramitación administrativa da intervención social.

Lea también

«O Talentiño», certamen ferrolano que promueve el talento juvenil, ya en su recta final

«O Talentiño», el prestigioso certamen ferrolano del Concello de Ferrol que celebra y promueve el …