Ferrol en Común solicita que as asociacións e grupos políticos poidan participar na comisión de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

O vindeiro 17 de maio será unha data especial na cidade ao ser homenaxeado Ricardo Carvalho Calero no Día das Letras Galegas. Dende hai unas semanas o goberno municipal puxo en marcha una comisión para organizar os actos para este día “cunhas funcionarias moi cualificadas e que coñezo moi ben”, afirmaba o concelleiro de Ferrol en Común, Suso Basterrechea, pedido que se ampliase “a todas as asociacións e grupos municipais”, una petición que ten o goberno municipal dende o pasado mes de setembro.

O concelleiro recordaba que na súa etapa no goberno “sempre se aprobou todo o relacionado con Ricardo Carvalho Calero por unanimidade no pleno”.

Suso Basterrechea afirmaba que hai asociacións “que xa están programando actividades para esta celebración«, polo que o ideal sería “programar todo de maneira conxunta e coordinada.”

A idea que transmitía o concelleiro de Ferrol en Común, querendo deixar claro “que non é miña, senon doutro grupo municipal, pero que eu a apoio” sería “facer unha convocatoria pública e aberta para que todas as persoas que queran aportar poidan facelo” para posteriormente “facer unha comisión cos grupos políticos onde estexa presente o texido asociativo da cidade.

Suso Basterrechea quería acordarse da labor realizada pola Fundaçom Artábria “que leva moitos anos pelexando por este recoñecementos”, ademáis de intelectuais da cidade, polo que o concelleiro de Ferrol en Común pedía “unir sinerxias”, considerando “fundamental” a visión didáctica de Ricardo Carvalho Calero “para que chegue os centros escolares.”

Lea también

«O Talentiño», certamen ferrolano que promueve el talento juvenil, ya en su recta final

«O Talentiño», el prestigioso certamen ferrolano del Concello de Ferrol que celebra y promueve el …