Miriam Casillas, a polo top-10 na Copa do Mundo de Tongyeong pensando na clasificación olímpica

Miriam Casillas coa sua medalla en Weihai | Triatlón Ferrol

Miriam Casillas disputa este sábado a Copa do Mundo de Tongyeong na recta final dunha temporada que agarda rematar certificando a súa praza olímpica para Toquio 2020.

El objetivo es hacer top-10 para mejorar puntos en el ranking pero en la prueba, como siempre, voy a por todas”, adianta a internacional do Triatlón Ferrol que actualmente é 24ª da clasificación olímpica pero, segundo os resultados que acaden as súas rivais, aínda non pode asegurar que iso lle permita pechar 2019 no top-30 mundial, tal e como marca a federación española para adxudicar unha praza para os Xogos.

En fronte, a triatleta de Badaxoz terá á checa Vendula Frintova, 14ª do ranking olímpico, ou á brasileira Vittoria Lopes, precisamente 30ª do ranking.

A Copa do Mundo celebrarase en Corea do Sur na madrugada do venres ao sábado –hora española- en distancia esprinte de 750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé.

Lea también

Joselu vence al Celta B

El Racing fue eficaz en Barreiro y aprovecho sus ocasiones en un partido donde el Celta B no pudo …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *