O Concello reúne a 23 mozos de cinco países no primeiro Masterchef Saudable no mercado de A Magdalena

Foto de familia do Masterchef Saudable | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Xuventude, que dirixe Cristina Prados, acaba de celebrar o primeiro Masterchef Saudable no mercado da Magdalena nel que participaron 23 mozos de entre 18 e 25 anos usuarios do albergue de Portomarín (Lugo) e procedentes de Italia, Bulgaria, Turquía, Holanda e España. Ao acto acudiron os concelleiros de Mercados, Germán Costoya, quen felicitou aos cociñeiros polo seu traballo, e a edil de Benestar Social, Eva Martínez, quen lembrou o importante que é “fomentar hábitos saudables”.

Tras elaborar os diferentes pratos na cociña de Cáritas, á unha da tarde levaron as súas creacións culinarias ao mercado central, onde presentaron os pratos. A continuación celebrouse unha degustación á que acudiron numerosas persoas.

A xornada se inclúe no programa Erasmus +, unha iniciativa da UE para apoiar a educación, formación, xuventude e o deporte en Europa e que por vez primeira se celebra en Ferrol en colaboración con Xeración.

O proxecto busca con esta iniciativa promover unha dieta san en termos nutricionais e ambientais, crear un espacio de intercambio cultural e dar visibilidade as problemáticas alimentarias que sofren colectivos con menos oportunidades.

Lea también

Los Mupis de Ferrol promocionan la Semana Santa

El Ayuntamiento de Ferrol ha actualizado los mupis que dan la bienvenida a la ciudad …