Este finde dous espectáculos interesantes no Pazo da Cultura de narón

Luces de Bohemia

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana dous espectáculos, con propostas dirixidas a adultos pero tamén ao público infantil. Na xornada do sábado, día 19, terá lugar ás 20.00 horas a representación da peza de teatro clásico “Luces de Bohemia”, da compañía Teatro Clásico de Sevilla, e o domingo día 20 ás 18.00 horas será o turno da compañía Hermanos inconfundibles, que representará “La banda del otro-Yee haw”.

Luces de Bohemia

“Luces de Bohemia” de Valle-Inclán é un espectáculo que aborda un novo xénero, o do esperpento, rompendo coas convencións escénicas anteriores. O mundo bohemio, literario e a realidade revolucionaria da época na que se desenvolve a historia mistúranse nesta peza de teatro clásico na que se representan os problemas do artista moderno e a súa tráxica lucidez. A obra é un ataque á España da súa época e converteuse nun clásico da literatura. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

“La Banda del otro-Yee Haw”

A proposta para o público infantil desta fin de semana virá da man da compañía Hermanos inconfundibles, que o domingo representará a obra “La Banda del otro-Yee Haw”. Unha banda cuxa orixe se descoñece pero sobre a que se si se cree que podería ser dalgún lugar do oeste de Andaluisiana. Circo, música e humor están moi presentes neste espectáculo. O prezo das entradas é de 10 euros para o público xeral e de 7 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e menores de 14 anos.

Poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …