Ferrol en Común observa con preocupación a «desidia» do goberno local respecto á problemática do sector naval

Fot.Adán Puentes

Logo dunha campaña electoral de cara as municipais intensa, foron moitos os debates onde todos os candidatos se posicionaron acerca da extrema situación que estaba a vivir o principal motor económico da comarca, o sector naval público. Todos os partidos políticos coincidiron na necesidade da sinatura inmediata dun AOR nos diferentes debates electorais.

Cinco meses despois das eleccións, máis alá das visitillas de cargos políticos do Partidos Socialista, como Gonzalo Caballero, Leiceaga, Javier Losada ou a frustrada por motivos descoñecidos de Abel Caballero; Ferrol en Común descoñece «onde están os compromisos acadados«, tanto en campaña, como no acordo asinado con Ferrol en Común, como en diferentes manifestacións públicas do actual alcalde da cidade, non existe ningún movemento político real que propicie a sinatura inmediata deste buque e poña freo «á hemorraxia de emprego e poboación que sufriremos nos vindeiros dous anos se non se constitúe a masa crítica necesaria para presionar ao goberno a que dea resposta a unha demanda da Armada, a construción dun AOR, que xa en xullo o delegado do goberno, Javier Losada, anunciou en Ferrol como inminente«.

Ferrol en Común considera que resulta «ruín e un xogo de trilerismo político, ocultar o que está a acontecer realmente nos nosos estaleiros públicos«:

– Un retraso inaceptable no inicio da construción das fragatas.

– A paralización do estaleiro 4.0, como factor clave para a modernización do noso principal sector socioeconómico estratéxico e o desmantelamento pola vía de facto dun taller punteiro como é o de turbinas.

– A frustración das promesas da inmediata sinatura dun AOR, que palie o baleiro de carga de traballo nos dous vindeiros anos.

Esta realidade «oculta» ten consecuencias na vida cotiá das persoas para as que se sirve dende unha institución como é o Concello de Ferrol, «centenares de despedimentos, máis abandono de xente moza da nosa cidade, máis descenso na taxa de ocupación e máis recursos a subsidios que precarizan a vida da xente, que non se alimenta de anuncios vacuos ou pseudo verdades como que a eólica mariña supón ese punto intermedio ata o inicio da construción das fragatas«.

Para Ferrol en Común, «foron moitas as promesas de diálogo e consenso do actual alcalde, o cruce de declaracións entre grupos supostamente nas antípodas ideolóxicas que din antepoñer a cidade, pero ata o de agora, non existe máis que un búnker no despacho da alcaldía da que os demais grupos municipais non temos nova algunha, en temas tan transcendentais coma o emprego«.

Polo tanto, dende Ferrol en Común, «instamos á convocatoria inmediata dunha mesa técnico-política, con representación de todos os grupos municipais e organizacións sindicais e empresariais representativas, para abordar un problema de gravísimas consecuencias para a nosa comarca que pode supoñer un punto de non retorno para unha comarca azoutada por un colapso industrial que require dunha intervención pública de emerxencia«.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …

Un comentario

  1. DESIDIA?????????????????????????? Esta gente habla de DESIDIA?????????????? De verdad tienen una careta que se la pisan. Fueron el peor gobierno municipal que haya tenido Ferrol, no recuerdo a nadie tan nefasto como estos sujetos. Por Dios pero qué caraduras!!!!!!!!!!!!!!