O luns abre o prazo para inscribirse na Xornada de Inclusión Social con motivo do Día das Persoas sen Teito

O próximo luns, 21 de outubro, abre o prazo de inscrición na Xornada de Inclusión Social que organiza a concellería de Benestar Social con motivo do Día das Persoas sen Teito que se conmemora o último domingo deste mes. A concelleira, Eva Martínez, explicou que aínda está aberto ao público en xeral, os interesados en obter un diploma de asistencia deben formalizar a súa inscrición na páxina web do Concello de Ferrol.

A xornada terá lugar o 29 de outubro no salón de actos do Edificio Social (rúa Sánchez Barcáiztegui, 35-37). Ás 9 horas a concelleira inaugurará o acto e a continuación dará comezo a conferencia Plan de atención ás persoas sen fogar de Galicia, a cargo de Ledicia Suárez Rodríguez, técnica da Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Inclusión Social). Ao terminar, Joseba Gaya Mandaluniz, educador social e responsable da área persoas sen fogar de Cáritas Bizkaia ofrecerá a conferencia Traballando polos dereitos das persoas sen fogar. Tendencias de intervención: Beste Bi como ferramenta para a loita contra o senfogarismo.

Tras un debate coloquio moderado por Alberto Alejandro Tapia, do grupo de traballo de persoas sen fogar, e unha visita ao Centro de Día de Inclusión Social de Cáritas, ás 12.30 horas terá lugar a conferencia Combatemos as mentiras e os prexuízos xunto ás persoas sen fogar: #ContrAporofobia, de Xosé Cuns, director da Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN).

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …