Aberto o prazo para solicitar as axudas da campaña “Agasallos Nadal 2019”

Xa está aberto o prazo de solicitude das axudas da campaña “Agasallos Nadal 2019”, unha iniciativa do Concello de Ferrol cuxa finalidade é que os menores de ata 16 anos das familias máis desfavorecidas do municipio teñan un agasallo polo Nadal e así contribuír a fomentar a igualdade dos nenos e nenas pertencentes a familias que, nestes momentos, teñen unha precaria situación económica.

A convocatoria publicouse onte e os interesados poden presentar as súas solicitudes ata o próximo 4 de novembro no Rexistro do Concello.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …