O Concello trae á biblioteca ao profesor de física e investigador José Edelstein

O Concello de Ferrol ten preparada para o próximo xoves, 24 do outubro, ás 20 horas, a conferencia Darwin Versus Kelvin: ¿por que non se apagou o sol e que idade ten a terra? de José Edelstein, profesor de física teórica da USC e investigador no IFGAE (Instituto Galego de Física e Altas Enerxías). O encontro prodúcese no marco da cuarta edición do ciclo de charlas sobre divulgación científica: “Imos contar a ciencia”. A charla terá lugar na sala audiovisual, na terceira andar, e a entrada será libre.

Lea también

Seleccionados os catro proxectos para as Residencias Artísticas Mariñán de Literatura e Pensamento

Francisco Rodríguez Casal, Esperanza Mariño Davila, Laura Martínez Mateo e Carmen Marina Vidal Valiña son …