Últimas xornadas de Liga de Primeira División para o Triatlón Ferrol feminino

Pauline Vie nunha proba | Triatlón Ferrol

O equipo feminino do Triatlón Ferrol compite este sábado en Sevilla nas dúas últimas xornadas da Liga Ibedrola de Primeira División.

Pauline Vie, Pepa García, Carmen Jiménez, Alba Méndez, Raquel Ruiz e Lucía Santalla representarán o conxunto departamental nos campionatos de España superesprinte por clubs, que se desenvolve en semifinal e final, e de relevos por parellas, onde as triatletas deben completar o percorrido de dúas en dúas.

Nas mesmas modalidades, tomarán parte os integrantes do Triatlón Ferrol masculino como parte da súa preparación de cara a un 2020 no que debutarán na Liga de Segunda División, ao ter ascendido en xuño en Boiro. O equipo formarano Marcos Ruiz, Iván Puentes, François Vie, Jorge Morado, Alejandro Rodríguez e David Campos.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …