A Biblioteca celebra o luns a segunda sesión do Ciclo “A Cociña no Cine”

O concello de Ferrol puxo en marcha na Biblioteca municipal a primeira edición do Ciclo “A Cociña no Cine”, unha iniciativa na que se proxecta unha selección de películas elaborada por Pilar Freire nas que a cociña ten un papel destacado.

O ciclo arrincou a semana pasada e o luns 28 de outubro terá lugar a segunda sesión co filme Como agua para chocolate, de Alfonso Arau. O día 11 de novembro será a quenda de Chocolat, de Lasse Hallström; o 25 de novembro se proxectará Frankie & Johnny, dirixida por Garry Marshall; o día 9 de decembro o filme será Yo soy el amor, de Luza Guadagnino e, por último, o 23 de decembro o ciclo centrarase na película Ratatouille, dirixida por Brad Bird.

Todas as sesións celebraranse ás 18 horas na aula audiovisual da Biblioteca, na terceira andar, e a entrada será libre.

Lea también

La escritora Paula Merlán inaugura el viernes en Ferrol la Feria del Libro

Ferrol inaugura el calendario de Ferias de Galicia este viernes 19 con el pregón de la …