Miriam Casillas, sétima na Copa do Mundo de Miyazaki

Miriam Casillas en Weihai | ITU Media

Miriam Casillas logrou un sétimo posto na Copa do Mundo de Miyazaki que a deixa virtualmente clasificada para os Xogos Olímpicos de Toquio 2020.

Saíndo da natación nun segundo grupo coa dobre medallista olímpica Spirig ou coa xaponesa Ai Ueda –finalmente, gañadora en Miyazaki-, Miriam Casillas puido enganchar rapidamente co pelotón de cabeza e chegar á segunda transición con máis de 20 triatletas. Co sexto mellor tempo a pé, a internacional do Triatlón Ferrol cruzou a meta en sétimo lugar.

Estoy todavía más contenta con el resultado porque, cuando te viene la regla, ese día a veces tu cuerpo no está al 100 % pero hoy mi cabeza sí ha estado al 120 %. He conseguido luchar por estar en esos puestos de delante y dar más de lo que tenía al pensar en mi sueño de Tokio”, recoñeceu a deportista.

Sobre a clasificación olímpica, Miriam Casillas decidirá xunto coa dirección técnica da Federación Española se participar ou non na Copa do Mundo de Santo Domingo do próximo mes de novembro xa que, cos seus grandes resultados, a priori confirmaríase o seu top-30 no ranking olímpico despois desa proba internacional aínda que non compita.

Desta forma, seguindo os criterios marcados pola federación, unha das prazas de España para os Xogos de Toquio concederáselle a Miriam Casillas de forma directa. Así poderá planificar 2020 coa súa nova participación olímpica como prioridade, sen ter que continuar pelexando pola clasificación.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …