O BNG censura que o goberno local persista na política discrecional de subvencións nominativas

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol censura a decisión do goberno local que, ao mesmo tempo que «desistiu de presentar uns orzamentos propios» para esta ano 2019, «desenvolve a aprobación execpcional dun paquete de subvencións nominativas amparado polo Partido Popular«.

O BNG, diante da proposta que será sometida ao ditame do pleno municipal co obxectivo de aprobar as subvencions nominativas, considera que o goberno local «desenvolve un reparto dos recursos económicos sen criterios obxectivos para que todos os colectivos da cidade poidan acceder a eles en igualdade de condicións«.

Para o BNG resulta «ilustrativo» esta tipo de política económica exemplificado por exemplo «se comparamos o diñeiro que se destina a subvencions nominativas que supera o 1.7 millóns de euros para subvencións nominativas a entidades como EXPONAV, xestionada polo Ministerio de Defensa o cal non aboa un só euro por ocupar máis do 20% do solo urbano, as Confrarías de Semana Santa ou ao unha sociedade anónima como é o Racing de Ferrol, ou se comparamos os case 900.000 € destinados a subvencións nominativas en Deportes fronte aos 125.000 € de concorrencia competitiva

Esta comparativa demostra que o feito fundamental para o goberno «é o reparto discrecional do diñeiro publico en detrimento de desenvolver unha política redistributiva en beneficio dos veciños e veciñas de Ferrol«.

O BNG lamenta que o goberno local continue a desenvolver esta forma de repartir as axudas municipais porque «é inxusta e opaca, como xa expuxemos noutras ocasións«. É por isto que o BNG considera que se debería desenvolver «unha nova forma de repartir as axudas municipais cunha forma de concorrencia competitiva transparente«.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …

2 comentarios

  1. Estos del BNG si son más pesados no se aguantan ni ellos mismos

  2. Sí, toda la razón, como con los de podemos: Hay que dar el mismo dinero a la cabalgata de los Reyes Magos que a la del Apalpador, porque si no… ¿De qué van a vivir los del Artabria y demás satélites de los independentistas? Porque de los votos de la gente, está claro que no.