A presenza na corporación municipal dunha testemuña no xuízo contra López Pintos motiva que se retire a moción de apoio ao sindicalista

Pleno de organización | Adán Puentes

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, retirará da orde do día do pleno de mañá a moción en apoio de Xesús Anxo López Pintos presentada polos grupos municipais do BNG, Ferrol en Común e PSdeG-PSOE. Dita moción, similar ás que se están a presentar noutros concellos, foi redactada descoñecendo que un membro da corporación municipal está citado a declarar como testemuña no xuízo contra o sindicalista que proximamente se celebrará na Audiencia Provincial da Coruña. O alcalde tomou coñecemento desta circunstancia cando, a última hora da mañá de onte, o concelleiro afectado, o voceiro do grupo do Partido Popular, José Manuel Rey Varela, presentou por rexistro municipal un escrito no que indicaba a súa condición de testemuña no proceso, polo que pedía a retirada da moción.

Dada a posibilidade de que isto puidese supoñer unha interferencia no procedemento xudicial e máis “unha intimación” prevista no artigo 508.2 do Código Penal, por obrigar a unha persoa chamada a declarar a adoitar unha posición sobre o asunto que se vai xulgar, e máis “unha intromisión ilexítima ou intervención indebida no libre exercicio da función xurisdiccional penal”, a secretaría xeral do Concello solicitou un informe xurídico ao respecto. Requeriu expresamente que, tendo en conta a existencia desta testemuña no ámbito da corporación municipal, se pronunciara, en termos legais, sobre se procedía manter na orde do día a moción ou, ao contrario, retirala. Á vista do contido do informe, que indica a improcedencia de someter a moción ao pleno da corporación municipal, o alcalde decidiu retirala.

Non obstante, Ángel Mato, que explicou que esta medida “non obedece en absoluto a ningunha motivación política, senón estrictamente a unha cuestión de carácter legal”, mostrou o seu “desexo” de que no proceso xudicial “se confirme a presunción de inocencia de López Pintos”.

PROTESTA DO BNG

Pola súa parte o BNG sinala que «O argumento da intromisión nun proceso xudicial non se sostén por ningunha parte, como asi o demostra o feito de que esta mesma proposta se abordou noutros plenos municipais. O que si e certo é que con esta decisión, ademais de ir en contra da vontade de todas as centrais sindicais da comarca, o Alcalde da cidade contravén a lei Reguladora das Bases de Réxime Local e o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais ao impedir ás organizacións políticas presentes no pleno municipal exercer os seus dereitos e expresar libremente a súa opinión mediante mocións introducidas na orde do día.

O PSOE e o Alcalde desta cidade non teñen ningunha potestade para decidir que temas poden ou non introducir o resto de organizacións políticas e menos cando xa están incluídas na orde do día.

Si o PSOE considera, polas razóns que fosen que non comparte os acordos da moción e tivese unha vontade realmente democrática o único que tería que facer e retirar a súa sinatura da moción e votar en consecuencia a través da abstención ou do voto en contra para quedar libre de toda responsabilidade pero prefire atender ás demandas do PP pese a que isto supoña conculcar os dereitos dos demais».

Lea también

Galicia Ártabra concede los premios “Ártabro 2023-24” a entidades, asociaciones y ciudadanos

Serán entregados el día 20 de abril en Afundación Un año más y van trece …

Un comentario

  1. El principal problema de la izquierda, y no sólo en España, es su falta de fe en la separación de poderes. Pero es incluso peor la sumisión a los poderes fácticos de opinión y al consenso comunista nacionalista. Ferrol no tiene que posicionarse en un proceso judicial, y su gobierno municipal tampoco.