Aberto o prazo para o primeiro curso de balde de fabricación dixital con impresión 3D para adolescentes

A concellería de Xuventude, que dirixe Cristina Prados, xa ten aberto o prazo de inscrición para o primeiro curso de balde sobre fabricación dixital con impresión 3D dirixido a moxos empadroados en Ferrol de entre 14 e 18 anos. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 8 de novembro no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol e a listaxe de admitidos publicarase na páxina web municipal.

O taller, de 30 horas, desenvolverase na Casa da Xuventude (rúa Almendra, 9) ao longo de oito sábados, cinco pola mañá (10.30 a 13.30 horas) e tres pola tarde, aínda por determinar o horario. A primeira xornada será o 16 de novembro e as seguintes o 23 e 30 do mesmo mes. Xa en decembro, o curso proseguirá os días 14, 21, 26, 27 e 28.

Durante o curso, os participantes aprenderán a manexar unha impresora 3D e unha das súas tarefas será elaborar caixas contedoras de soro para a planta de pediatría do hospital Arquitecto Marcide con deseños de superhéroes e personaxes de animación.

A concelleira Prados dixo sobre o curso de fabricación dixital con impresión 3D que impartirá o Concello que se trata dun “proxecto moi positivo” nunha área “con moito futuro e con grandes oportunidades laborais”.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …