A Escola Javi Gómez Noya recibe este sábado a visita do internacional Antonio Serrat

Canteiráns da Escola Javi Gómez Noya nunha proba en Ferrol | Triatlón Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya contará coa visita de Antonio Serrat no seu adestramento deste sábado en Doniños.

O internacional galego aceptou o convite do Triatlón Ferrol para adestrar cos canteiráns para os que é un exemplo, xa que este vigués de 24 anos é actualmente 22º no ranking de clasificación olímpica, cuarto español só por detrás de Javi Gómez Noya, Fernando Alarza e Mario Mola.

Antonio Serrat adestrará xunto as promesas do club departamental que teñen previsto realizar exercicios de ciclismo e carreira a pé.

O adestramento con estrela convidada está programado para este sábado ás 11.00 horas nos arredores do aparcadoiro da praia de Doniños.

Lea también

Adri, de O Parrulo Ferrol, vuelve a ser convocado con la selección española

Buenas noticias para el jugador de O Parrulo Ferrol, Adri, tras recibir este lunes una …