Os alcaldes de Narón e San Sadurniño instarán á Xunta a cumprir o compromiso adquirido para financiar obras de saneamento en ambos concellos

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o alcalde de San Sadurniño, Secundino García, reuníronse na mañá deste martes coa presidenta de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, para interesarse sobre o compromiso adquirido polo citado organismo autonómico para executar as obras dun proxecto conxunto de saneamento cuantificado nalgo máis de 200.000 euros, presentado no ano 2012 e que se actualizou en base a un proxecto encargado dende o Consistorio naronés.

A intervención consistía en ampliar a rede de saneamento na zona de Piñeiros, A Portela, e conectala coa depuradora de Cornide, no termo municipal de San Sadurniño e beneficiaríanse tamén desta actuación vivendas limítrofes da parroquia naronesa de Pedroso, que verterían tamén á depuradora de Cornide. Este proxecto, de “Saneamento de augas fecais en Piñeiros”, presentado dende San Sadurniño no ano 2008 e ao que se adheriu Narón no ano 2012 a través dun convenio, contaba co compromiso da Xunta para financiala integramente -202.186 euros- a través da Administración Hidráulica de Galicia, no marco do Plano Hidrolóxico de Galicia, un compromiso que non se cumpriu. Na actualidade, o Concello de Narón ten practicamente executados ao cen por cento os traballos comprendidos neste proxecto dentro do seu termo municipal, por entender a necesidade dos mesmos para ofrecer ás veciñas e veciños da zona este servizo básico.

Na xuntanza mantida este martes coa responsable de Augas de Galicia, solicitada dende ambos concellos en varias ocasións e para a que entregaron a pertinente documentación requerida por Augas de Galicia (proxecto, certificacións de dispoñibilidade dos terreos…), comunicaron a Ferreiro e García que esa intervención non era competencia de Augas de Galicia, senón da Consellería de Medio Ambiente, organismo este último que no ano 2008 se comprometera co Concello de San Sadurniño a que fose Augas de Galicia quen executase os traballos do citado proxecto.

Á vista da situación Marián Ferreiro e Secundino García solicitaron este mesmo martes unha entrevista coa conselleira de Medio Ambiente para reclamar á Xunta que manteña o investimento que estaba previsto en ambos concellos por parte da administración autonómica para ampliar a rede de saneamento nos municipios de Narón e San Sadurniño. Ferreiro e García instarán á Xunta a cumprir o compromiso adquirido no seu día e a ofrecer os mesmos dereitos aos veciños e veciñas de ambos concellos, ao pagar o canon da auga, do que unha parte ten que invertirse na zona donde se cobra, tal e como recordaron ambos rexedores locais.

Lea también

Herido el conductor de un vehículo que se salió de la vía en la AG-64 en el término de Narón

Sobre las siete de la mañana de este miércoles,se registró un accidente de tráfico en …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *