10N | Julio Barros: «O cacareado patriotismo do trío de Colón non foi máis que un freo para España»

Tito Pena, Julio Barros e Beatriz Sestayo en rolda de prensa

Julio Barros, senador ferrolán na anterior lexislatura e candidato ás próximas eleccións xerais de este domingo 10 de novembro polo PSOE para a provincia da Coruña, defendeu hoxe que “o progreso en dereitos e benestar decídese entre todos, votando o 10N para que ninguén rentabilice a abstención nin se aproveite da súa propia actitude obstruccionista”.

Os partidos de dereita e ultradereita fixeron todo o posible para impedir un goberno do PSOE tras as eleccións do 28 de abril, a pesar de que non había ningunha outra alternativa de goberno que non fora a liderada por Pedro Sánchez”, remarcou.

Barros denunciou que, sen embargo, o “cacareado patriotismo do trío de Colón non foi máis que un freo para España” porque “impediu que a día de hoxe o Goberno puidera estar traballando para mellorar as políticas de vivenda, para derobar a reforma laboral ou lexislando en favor do dereito a unha morte digna”.

O candidato ao Senado pola provincia da Coruña alertou de que “está claro que as dereitas van bloquear calquer posible goberno progresista” e que, ante isto, a “única opción razoable e eficaz para avanzar en dereitos e benestar é a de votar o 10N a favor do Partido Socialista”.

Defende a subida do salario mínimo, a revalorización das pensións ou a ampliación do permiso de paternidade

A folla de servizos do PSOE non últimos 17 meses é a subida do salario mínimo, a revalorización de pensións ao IPC, a recuperación da prestación de desemprego a maiores de 52 anos, a ampliación dos permisos de paternidade a 8 semanas ou a cotización na seguridade social das cuidadoras de familiares dependentes”, defendeu Julio Barros.

Esas medidas, entre outras, «amosan que se pode gobernar para a maioría, pero iso só o pode facer o PSOE se obtén un forte respaldo cidadán o 10N«. “Noutro caso volverían as políticas de recortes en servizos como educación ou sanidade, precariedade e merma de libertades como as padecidas nos últimos sete anos de goberno da dereita”, lamentou Julio Barros.

Lea también

Aprobada en Ferrol la reparación de aceras en diversos puntos

La Junta de Gobierno Local ferrolano JGL dió luz verde al expediente de contratación de …