Este sábado FIMO acollerá unha velada de boxeo amateur

Boxeo en Esteiro | Cedida

Este sábado 9 de novembro ás 20:30 horas, terá lugar no “Hall de FIMO” unha velada internacional de Boxeo.

Parte dos mellores boxeadores amateur galegos, franceses e holandeses, enfrontaránse este sábado en FIMO. En total disputaránse oito combates en distintos pesos: dous femininos e seis masculinos.

Ferrol estará representado por dous púxiles locais Juan Vilariño, actual campión galego xuvenil, e Adrián Formoso, un púxil rocoso e rápido cunha gran proxección.

A velada está organizada polo club ferrolán DG Fighters Team e a Federación Galega de Boxeo coa colaboración do Concello de Ferrol.

A venda de entradas realizase en Factory Gym e no Colonial. A entrada anticipada ten un prezo de 10 euros e en taquilla terá un prezo de 12 euros.

Lea también

Narón acolle o “XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón” e o “Campionato Galego de Standard”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, …