O Esteo vence na casa ao Prone Lugo

O Esteo ante Prone Lugo | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Gran vitoria do O Esteo 9-4 ante un histórico en horas baixas como é o Prone Lugo, antigo Azkar, gañador da Recopa de Europa en 2005. Nun partido cun inicio estrano, adiantábanse aos poucos segundos os locais cun tanto de Cokito, pero os visitantes remontaban ata o 1-3.

Foi O Esteo cun vendaval que anotaba cinco tantos en poucos minutos redondeado co 7-3 que facía Rober Paz ao pouco do descanso deixando encarrilado o encontro. No segundo período reparto de goles para ambos equipos ata o 9-5 definitivo.

O Esteo é quinto con 16 puntos antes dunha complicada visita a un apurado Ventorrillo. Entremedias recibirá ao Santiago Futsal na Copa do Rei.

Segunda vez que os ponteses anotan nove goles nestas sete campañas na Segunda B. Na 2017-18 gañaraselle 9-4 ao Albense. Anteriormente, na Terceira División, O Esteo marcou nove ou máis goles en catorce ocasións.

Os ponteses anotaron doce goles ante, Melyde Eypar (12-2, 2012), Carballiño (4-12, 2012), Negreira Bar Arranca (6-12, 2009), e Automoción La Junquera (8-12, 2005).

Dez tantos lográronse ante Cidade de Viveiro (10-0, 2013), Redondela (2-10, 2009), e San Cristobo Arzúa (3-10, 2009).

Nove goles anotáronse ante Negreira Bar Arranca (9-0, 2008), Boqueixón (9-2, 2007), Irote Coton (9-3, 2006, e 4-9, 2005), Pazos de Borbén (9-4, 2012), Begasucegsa Fene (6-9, 2011) e Redondela (8-9, 2006).

O Esteo: Failde, Jhony, Rober, Jacobo, Cokito – Noé, Héctor, Matos, Troncho.

Prone Lugo: Ferreiro, Mohamed, Pablo, Quintela, Monterroso – Hugo, Manuel, Barja, Mejuto.

Goles: 1-0, Cokito (1´), 1-1, Mohamed (4´), 1-2, Quintela (5´), 1-3, Matos, pp (6´), 2-3, Héctor (7´), 3-3, Matos (8´), 4-3, Noé (9´), 5-3, Matos (10´), 6-3, Cokito (11´), 7-3, Rober (14´). 8-3, Troncho (33´), 8-4, Hugo (35´), 9-4, Jacobo (38´), 9-5, Monterroso (39´).

Tarxetas: Monterroso. Expulsado Noé por doble amonestación (33´).

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 150 espectadores.

Lea también

XLIV Memorial internacional Juan Varela-XXVII Trofeo de natación Concello de Ferrol

El concejal de Deportes, Ricardo Aldrey, ha presentado este miércoles 25 el XLIV Memorial internacional …