Valado un tramo do río Freixeiro no parque fluvial para intensificar as campañas de desratización

O Concello de Narón intensifica as campañas de desratización co vallado e a colocación de cebos no tramo do río Frexeiro ao seu paso polo parque fluvial. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que os traballos están xa rematados e pretenden “poñer coto aos roedores a través da colocación de cebos que están protexidos cunha malla por todo o tramo do río, para evitar que calquera persoa ou outros animais como cans e gatos que se poden ver polo parque, poidan tocar eses cebos, co risco que suporía”.

O concelleiro naronés aludiu ás melloras que supuxo no estado do caudal do río Freixeiro a execución das obras da rede de saneamento e depuración integral da ría, así como as derivadas das anteriores campañas de desratización que se levaron a cabo dende o consistorio naronés. “Trátase dunha situación sobre a que estamos traballando continuamente, para evitar que os roedores proliferen por este espazo da cidade”, explicou Galego, que indiciu na importancia da colaboración cidadá neste proceso. “É moi importante que a xente colabore en materia de limpeza, que en ningún caso favoreza que os animais poidan alimentarse con restos que caian ao chan, recolléndoos e depositándoos nos contenedores e papeleiras habilitados para ese fin”,recalcou o edil de Medio Ambiente.

En materia de limpeza Galego explicou que na Ordenanaza municipal de residuos e limpeza viaria do Concello de Narón se contemplan sancións de ata 750 euros para aquelas persoas que dean de comer aos animais en espazos públicos, e que incluso poderían ser moi superiores no caso de que se produza reincidencia neste tipo de condutas que non están permitidas.

 

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …