Máis dun centenar de persoas participarán no “XVI Trofeo de Tiro con arco Cidade de Narón”

Alberto López, José Oreona e Montse Vilela na presentación | Concello de Narón

Un total de 120 persoas inscribíronse para participar no “XVI Trofeo de Tiro con arco Cidade de Narón”. O concelleiro de Deportes, José Oreona, o presidente do Club Arco Narón, Alberto López, e a secretaria da citada entidade deportiva, Montse Vilela, presentaron esta mañá o evento, que terá lugar o día 23 de novembro nas instalacións do pavillón polideportivo Campo da Serra. Á cita está prevista a asistencia de recoñecidos arqueiros como Iria Grandal, Miguel Alvariño, Danuel Castro ou Alberto Blázquez, entre outros. O concelleiro de Deportes destacou que este ano a convocatoria, que figura no calendario oficial da Federación Galega de Tiro con Arco, foi designado como unha proba puntuable para o ránking galego e para formar o equipo autonómico nos vindeiros campionatos de España da especialidade.

O presidente do Club Arco Narón explicou que en horario de mañá, a partir das 9.30 horas, será a competición das categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil, se ben as Cadete-Junior, Sénior e Veterán se poderán ver en horario de tarde, a partir das 14.30 horas, se ben previamente procederase a rematar as pertinentes tandas de adestramento. Esa división responde, tal e como indicou López, á capacidade da liña de tiro, que será de 48 deportistas pola mañá e 96 pola tarde. Os participantes dispararán no round clasificatorio dúas series de trinta frechas en tandas de tres, tal e como figura nas bases desta convocatoria.

Os representantes do Club Arco Narón, que conta cun total de 85 licencias, agradeceron a colaboración do Concello para organizar un ano máis este trofeo na cidade. Pola súa banda, o edil de Deportes animou á cidadanía a asistir a este evento, no que xogarán menores e adultos cun destacado nivel nesta práctica deportiva.

Lea también

Adrián Orjales, Mejor Deportista del Año de Valdoviño

El arquero internacional Adrián Orjales fue proclamado como el Mejor Deportista del Año durante la …