Nueva concentración de trabajadores de auxiliares de Endesa en As Pontes para reclamar «garantía de empleo»

(EP)-O Concello de Narón deseñou un completo programa de actos, con propostas para toda a cidadanía, con motivo do 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e as edís de Igualdade, Mar Gómez, e Bibliotecas, Mercedes Taibo, presentaron esta mañá a programación, que dará comezo o vindeiro luns, día 18, e se prolongará ata o sábado 30 de novembro. Ferreiro animou ás veciñas e veciños da cidade a implicarse un ano máis nesta campaña “co fin de amosar publicamente a repulsa do conxunto da sociedade á violencia de xénero en particular, con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, tendo moi presente que se trata dunha campaña sobre a que continuaremos traballando cos diferentes colectivos durante todo o ano co obxectivo de erradicar esta lacra social”.

O día 18 iniciarase oficialmente esta campaña contra as violencias machistas a través de accións de sensibilización cidadá e co fin de implicar ao tecido asociativo, económico, educativo, deportivo, social e cultural e a toda a cidadanía contra as violencias machistas, rexeitando a violencia de xénero. Dende o Concello de Narón ofrecerase material promocional da campaña, a través da páxina web –www.naron.es- que se poderá descargar directamente para utilizar en sinal de respaldo ao 25N. Así mesmo, as asociacións e os establecementos comerciais e de hostalería que o desexen poderán pasar a partir do luns día 18 polo Concello –no terceiro andar- a recoller material

promocional e informativo desta campaña, según avanzou a alcaldesa da cidade.

Entre o venres 22 e o sábado 30 deste mes na Biblioteca municipal do Alto poderase ver unha exposición bibliográfica, titulada “Libros contra a violencia, a favor da igualdade”, na que se poderán consultar varios exemplares sobre esta temática. Tamén o venres 22 se programaron dúas accións, a primeira delas, a tradicional Marcha Ciclista contra a violencia de xénero, na que participará alumnado de quinto e sexto curso de Primaria de centros de ensino da cidade, e organizada en colaboración co Padroado da Cultura. O colectivo, acompañado por persoal do Equipo de Educación Viaria, docentes e pais e nais, entre outros asistentes, sairá ás 9.30 horas dos colexios cara ao Auditorio Municipal, na Praza de Galicia, donde recibirán un avituallamento –froita e auga- e asistirán a un espectáculo teatral “a través do que se achegará a situación da muller na nosa sociedade e repasarán os estereotipos para desmontalos e avanzar de cara á necesaria consecución dunha igualdade real”.

Así mesmo, o día 22 entre as 17.30 e as 19.00 horas os nenos e nenas de 3 a 8 anos poderán ver no Centro Cívico Social do Couto o espectáculo “Somos iguais”, protagonizado por Raquel Queizás. As inscricións poden tramitarse a partir do 18 deste mes –ata o día 22- no correo electrónico: a.pita@naron.es. A través de historias de nenos e nenas ou de animais no espectáculo rómpense estereotipos que tamén están presentes nos contos e permitirán identificar determinadas situacións onde se explica a importancia de usar a palabra en lugar de recurrir a conductas violentas, tanto a nivel físico como verbal.

A programación continuará o día 23 na Biblioteca, ás 11.00 horas, cun contacontos e obradoiro “=(Igual)” sobre a igualdade de xénero e no que poderán participar nenas e nenos a partir de 5 anos. Neste caso, as inscricións deben formalizarse a partir do martes 19 ás 16.00 horas nas citadas instalacións municipais ou chamando ao número de teléfono 981 382 173.

O luns día 25 terá lugar o acto central do programa do 25N na cidade, que un ano máis, tal e como explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, consistirá nunha proposta de carácter institucional, aberta á cidadanía, e na que se procederá a ler un manifesto contra a violencia de xénero e se realizará a continuación unha ofrenda floral fronte ao Monumento á Muller, na Praza da Gándara a partir das 12.00 horas.

Os nenos e nenas serán novamente os protagonistas da xornada o luns 25 e o martes 26, tendo a oportunidade de participar na elaboración dun deseño sobre o rexeitamento á violencia e que se realizará nas instalacións da Axencia de Lectura da Solaina/Ludoteca. O luns será para nenas e nenos de 7 a 12 anos e o martes para os de 3 a 6, en ambos casos de 18.00 a 19.00 horas. Os menores tamén durante toda a semana do 25 de novembro participarán en xogos cooperativos para a prevención da violencia.

O venres 29 programáronse dúas propostas, a proxección de “Arturo y Clementina” e un debate sobre este audiovisual –para menores de 3 a 12 anos- na Axencia de Lectura da Solaina/Ludoteca, que se poderá ver a partir das 17.00 horas, e ás 20.30 o espectáculo teatral “O rueiro das liortas”, da compañía Elefante Elegante, no local social da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso, para menores a partir de 8 anos. Esta última proposta coorganízase coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, ao formar parte o Concello da Rede de Dinamización Lingüística. Neste caso, a través da sátira preséntase o relato dunha sociedade inzada de estereotipos de xénero e comportamentos sexistas, explicando aos menores a importancia de erradicar este tipo de condutas.

A última das actividades terá lugar o día 30 deste mes e consistirá nun contacontos, “Conto xogo” e xogos de cooperación para a igualdade de xénero na Biblioteca municipal, a partir das 11.00 horas. Para poder asistir será preciso inscribirse previamente, a partir do martes 26 de novembro ás 16.00 horas no mostrador da sala de adultos da Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173.

Lea también

Neda, uno de los 4 concellos gallegos que participan en la iniciativa «Unha árbore por Europa»

La iniciativa ‘Unha árbore por Europa’ llega a cuatro concellos gallegos para promover la acción …