O BNG urxe ao goberno local a desenvolver a proposta de investimentos financieiramente sostibles

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

Desde o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol consideran negativo para a cidade o comportamento do goberno municipal en relación aos investimentos financieiramente sostibles «e para os que este goberno municipal parece non ter ningunha intención de levar adiante e que suporá que todo o diñeiro que non se gastou en 2019 se destine exclusivamente a amortización da débeda municipal«.

O BNG sempre manifestou a súa oposición a Lei de estabilidade imposta polo PP desde o ano 2012 que o PSOE decidiu non alterar e que prioriza o pago aos bancos fronte ás necesidades básicas do concello. «Pero aínda así e sendo conscientes das limitacións e engano que supón a disposición adicional 16 que permite destinar o superavit a investimentos non é de recibo que o goberno local decida non desenvolver ningún proxecto con cargo a estes fondos coas grandes necesidades que ten a nosa cidade», afirman dende o BNG.

«Levamos semanas agardando polos informes que permitan avanzar neste expediente de gasto de más de 3,5 millóns de euros» polo que dende o BNG non comprenden «a pasividade do goberno municipal nen a desidia à hora de enfrontar e acometer proxectos de investimentos na cidade» e consideran «unha aberración que este Concello vaia a destinar esta partida exclusivamente a amortización de débeda municipal cando o Concello se atopa nuns níveis de endebedamento moi por baixo do que lle permite a lei«.

É por iso que desde o BNG instan ao goberno municipal a «desenvolver de maneira urxente unha proposta de investimentos financieiramente sostibles que suporán un compromiso económico coa cidade«.

Desde esta perspectiva consideran tamén necesario abordar os problemas da cidade de maneira decidida e» destinar estes fondos a proxectos como a rehabilitación integral do barrio de Recimil, sería un bo comezo.«

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …