A concelleira de Benestar Social de Narón participou no encontro organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A concelleira de Benestar Social e representante do Concello no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Catalina García, xunto con outros representantes de Galicia, Portugal, Brasil, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, Cabo Verde e máis Sao Tomé e Príncipe, participaron no encontró organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co obxectivo de achegar a realidade dos países de fala portuguesa aos municipios galegos e compartir reflexións e experiencias sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU.

Máis de 80 persoas asistiron a estas xornadas que tiveron lugar os días 12 e 13 de novembro na Escola Galega de Admnistración Pública. Nestes encontros puxéronse de manifestó diversas necesidades, como as de “acadar a igualdade de xénero no liderado político”, “os desafíos que afrontan os municipios na localización dos ODS” coa busca de solucións locais a problemas globais.

Temas sobre “Boas prácticas da gobernanza local a prol dos ODS para compartir e cooperar”, “Experiencias da cooperación galega con países de lingua oficial portuguesa”, “Alianzas entre o municipalismo da comunidade lusófona” para traballar a prol do desenvolvemento sostible a través de proxectos conxuntos, e os primeiros pasos para a creación dunha Rede de Autoridades Locais da Lusofonía polos ODS foron os principais asuntos desenvolvidos nestas xornadas que remataron coa lectura da declaración “Solidariedade alén da lingua” que manifesta a vital importancia dos municipios na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …