Triunfo de Mar Delgado no Dúatlon Cros de Lousame

Mar Delgado -primera pola dereita- no podio do Campionato Galego | Triatlón Ferrol

Mar Delgado fíxose coa vitoria no Dúatlon Cros de Lousame celebrado este domingo.

Con máis de cinco minutos de vantaxe sobre as súas perseguidoras, a duatleta do Triatlón Ferrol demostrou unha vez máis o seu potencial nesta modalidade, xa que en febreiro se colgou o bronce individual e o ouro por equipos no campionato galego de dúatlon cros.

Con este resultado, Mar Delgado comeza o novo circuíto de outono desta disciplina co maillot de líder. Nas próximas dúas probas tentará volver ao podio.

Lea también

La argentina Julieta Mungo se une al proyecto del BAXI Ferrol

La jugadora argentina Julieta Mungo se comprometió con el BAXI Ferrol para la próxima temporada. …