A alcaldesa de Narón asinou esta mañá un convenio de colaboración co Club de golf Campomar

Manuel Villadóniga, Marián Ferreiro e José Oreona na firma do convenio | Concello de Narón

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o presidente do Club de golf Campomar, Manuel Villadóniga, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre o Concello e o citado club por un importe de 24.000 euros. No acto estivo tamén presente o concelleiro de Deportes, José Oreona. En virtude a este acordo potenciarase e promocionarase este deporte e a participación en diferentes campionatos da citada especialidade, tal e como figura no documento.

Dende o club naronés fomentarán a práctica do golf dende as categorías base ata a senior, con actividades polo tanto dirixidas a persoas de tódalas idades, continuarán promocionando entre a veciñanza este deporte e colaborarán en eventos vencellados ao golf impulsados no concello naronés.

Villadóniga agradeceu o respaldo que presta o goberno local naronés ao Club de golf Campomar e ás actividades que programa ao longo do ano. Pola súa banda, Ferreiro destacou o traballo que realiza o citado club e tamén o feito de que contemple diferentes propostas vencelladas ao golf e para persoas de diferentes idades.

Lea también

La argentina Julieta Mungo se une al proyecto del BAXI Ferrol

La jugadora argentina Julieta Mungo se comprometió con el BAXI Ferrol para la próxima temporada. …