O Concello de Narón inicia a campaña «recollida de xoguetes» para entregar no Centro de Recursos Solidarios

O Concello colaborará un ano máis coa asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón na Campaña do Nadal de recollida e solicitude de xoguetes para as familias con escasos recursos. As edís de Benestar Social, Catalina García, e Ensino, Mercedes Taibo, presentaron a iniciativa, que permanece xa aberta e que estará operativa ata o vindeiro 20 de decembro (incluído).

As persoas que poidan colaborar aportando xoguetes poden facelo, tal e como avanzou Taibo, nas instalacións da Biblioteca municipal do Alto –de luns a venres entre as 9.30 e as 13.30 e de 16.00 a 21.00 horas e os sábados entre as 10.00 e as 13.00-; nas Escolas Infantís Municipais da Solaina, Piñeiros e A Gándara, nos centros de ensino de Narón, na Academia September (estrada de Castela, 833, baixo); en Calzados Mara (avenida Souto Vizoso, 3); no Centro Comercial Narón (estrada de Castela, 24), no parque infantil Burbujas (rúa Cataluña, 23-25) e no propio Centro de Recursos Solidarios de Narón (avenida do Mar, 115, no polígono da Gándara). “Os xoguetes, como cada ano, almacenaranse no Centro de Recursos Solidarios, clasificaranse coa axuda de voluntarios –entre os que se atopará persoal da residencia DomusVi Narón, que colaborará tamén facendo os lazos dos paquetes de regalo- e envolveranse para que os nenos e nenas de familias con menos recursos económicos poidan contar con xoguetes no Nadal, previa solicitude”, explicou Taibo.

Sobre a entrega, a edil Catalina García indicou que as familias interesadas en solicitar os xoguetes deben presentar unha solicitude no Rexistro Xeral do Concello –tamén ata o 20 de decembro- adxuntando fotocopias do D.N.I. do solicitante, da persoa que recollerá os xoguetes (de non ser a mesma), do libro de familia do menor e xustificación das prestacións recibidas (Seguridade Social, Xunta, INEM…). “Os xoguetes entregaranse ás familias o día 4 de xaneiro, uns días antes de Reis, entre as 16.30 e as 20.30 horas nas instalacións do Centro de Recursos Solidarios de Narón”, indicou a edil de Benestar Social.

Así mesmo, as edís naronesas compartiron un chamamento realizado dende o CRS de Narón para que as persoas que poidan colaboren como voluntarias nesta campaña de recollida de xoguetes. Para facelo deben poñerse en contacto co correo electrónico: crsnaron@gmail.com ou chamar aos números de teléfono: 634 555 663; 881 308 349 ou 722 724 782.

Dende o goberno local incidiuse na importancia de que “os xoguetes estean nas mellores condicións posibles, conservando todas as pezas e, de ser posible, no embalaxe orixinal, así como en óptimas condicións de hixiene, no caso de peluches ou bonecos”.

Lea también

Una mujer herida leve en el incendio de la cocina de su vivienda, en Narón

Tres personas han resultado este martes afectadas por inhalación de humo en el incendio declarado …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *