O Concello conmemorará con varios actos o vindeiro sábado o Día de Narón na Praza 23 de novembro

Os edís de Festas e Cultura, Natalia Hermida e Guillermo Sánchez Fojo, respectivamente, presentaron na mañádeste martes os actos do programa conmemorativo do 23 de novembro, Día de Narón. A festividade local celebrarase un ano máis na Praza 23 de novembro, nas inmediacións do pavillón Campo da Serra con diferentes actividades programadas dende o Concello. “Convidamos a todas as veciñas e veciños a acompañarnos para celebrar xuntos esta festividade”, indicou a edil de Festas.

A xornada festiva comezará, tal e como apuntou Hermida, a partir das 13.00 horas, cunha mostra de traballo en vivo do alumnado do Obradoiro de Instrumentos tradicionais do Padroado da Cultura, que baixo unhas pequeñas carpas instaladas para a ocasión, amosarán –ata as 14.30 horas- parte do traballo que realizan neste obradoiro durante o curso.

A música tamén cobrará protagonismo no Día de Narón, e tamén entre as 13.00 e as 14.30 horas actuarán os Grupos de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón, que amenizarán a convocatoria festiva que inclúe tamén un apartado gastronómico.

Entre as 13.00 e as 15.00 horas e tamén pola tarde, de 17.30 a 20.00 horas, estará a pleno rendemento a filloeira de Lestedo, dende donde se ofrecerán filloas de balde –cociñaranse aproximadamente 1.200 por hora- ás persoas que se acheguen ata a Praza 23 de novembro.

Así mesmo, pola tarde, de 17.00 a 18.00 horas terá lugar unha actuación dirixida a público infantil, “A gramola gominola” e dende as 17.00 ata as 20.00 horas continuarán as mostras e traballo en vivo do alumnado do Obradoiro de instrumentos tradicionais do Padroado da Cultura.

A programación conmemorativa do Día de Narón inclúe ademáis un acto no Pazo da Cultura, presidido pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e donde ás 18.00 horas terá lugar a entrega dos premios do “XI Concurso de Pintura Cidade de Narón”, que gañou a malagueña Blanca María Álvarez Sánchez.

Esta programación enmárcase dentro dunha semana con máis propostas, como a XXXI Gala do Deporte, donde un ano máis se premiará aos deportistas máis destacados nas diferentes especialidades e ao Mellor Deportista do Ano, e as II Xornadas do Marisco da Ría que se desenvolverán de xoves a domingo”, apuntou Natalia Hermida.

A edil agradeceu a participación do alumnado do Obradoiro de construción de instrumentos tradicionais do Padroado que participará nesta convocatoria e, finalmente, convidou novamente á veciñanza a acudir aos actos do Día de Narón. Esta festividade, recordou, conmemórase dende hai xa vinte e seis anos, día que, no ano 1837 se rexistrou a primeira acta do Concello, que se localizou na parroquia de San Xiao

Lea también

Una mujer herida leve en el incendio de la cocina de su vivienda, en Narón

Tres personas han resultado este martes afectadas por inhalación de humo en el incendio declarado …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *