Máis de 250 persoas participaron nunha nova andaina en Narón

 Un total de 253 persoas participaron na mañá deste domingo nunha nova andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós”, dende a Pena Molexa ata o Monte da Lagoa, na parroquia naronesa do Val. O concelleiro de Deportes, José Oreona, recordou que se tratou dunha ruta circular de doce quilómetros e que realizaron nunhas tres horas.

A vindeira o día 26 de xaneiro

A vindeira andaina da quinta edición deste programa municipal terá lugar o próximo ano, concretamente o 26 de xaneiro, con saída programada ás 9.00 horas, tal e como recordou Oreona, e consistirá nunha camiñata polo termo municipal de Ares, na zona de Chanteiro. Trátase dun percorrido de 11,5 quilómetros e de aproximadamente tres horas de duración cun nivel de dificultade medio.

As persoas interesadas en participar deberán anotarse previamente, a partir do 10 de xaneiro, abonando unha cuota de tres euros para pagar os desprazamentos en autobús dende o punto de inicio da ruta e tamén de regreso ao punto de encontro establecido á hora de rematar o percorrido. As inscricións poden realizarse de luns a xoves, entre as 9.30 e as 13.00 e de 16.30 a 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00 horas nas oficinas do pavillón podelideportivo da Gándara.

A través destas camiñatas organizadas dende o Concello promociónase a práctica do exercicio ao aire libre a través de rutas con diferentes graos de dificultade e tanto polo concello de Narón como doutros da comarca. Para máis información sobre o programa e as saídas que se levarán a cabo nos vindeiros meses pódense consultar as páxinas web: www.naron.es e www.padroadodeportesnaron.com.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …