Mar Delgado, segunda en Cerdedo-Cotobade e liderado do circuíto de dúatlon cros defendido

Mar Delgado co maillot de líder trala proba en Cerdedo-Cotobade | Triatlón Ferrol

Mar Delgado, aínda coa rotura do cambio no medio do ciclismo, rematou segunda no Dúatlon Cros de Cerdedo-Cotobade e mantén o seu maillot de líder do circuíto de Outono.

A duatleta do Triatlón Ferrol púxose en cabeza antes de chegar á primeira transición e mantivo o posto ata que, mediados os case 20 km de bici de montaña, rompeu o cambio e foi adiantada pola que se convertería finalmente en gañadora da proba. Polo tanto, aínda coa avaría mecánica, Mar Delgado fixo valer a súa vantaxe e logrou a prata, só 15 segundos por diante da terceira.

Sumando os tempos de Lousame e o deste domingo en Cerdedo-Cotobade, a integrante do Triatlón Ferrol segue a ser a líder do circuíto da especialidade.

Lea también

Los deportistas del Náutico Narón con gran protagonismo en el evento solidario «24H non stop, stop al coronavirus»

Cerca de 200 deportistas han tomado protagonismo a través de las redes sociales, en un …