Ferrol levará a pleno o seu primeiro Plan de Emerxencia Municipal

Instante da Xunta Local de Seguridade | Concello de Ferrol

A Xunta Local de Protección Civil celebrada esta mañá no pazo municipal aprobou por unanimidade dictaminar a favor do primeiro Plan de Emerxencia Municipal (PEMU) de Ferrol. Así o comunicou o concelleiro de Seguridade e Tráfico, Germán Costoya, quen se mostrou “moi satisfeito” porque “a cidade conte por fin cun documento tan necesario para protexer aos veciños”.

Trátase dun plan que coordinará todos os servicios municipais en caso de emerxencias. Avalía os riscos do municipio —temporais, incendios forestais, transporte de mercancía perigosa e risco químico, entre outros— e recolle as medidas e accións necesarias ante cada situación.

Tras o visto bo dos integrantes da Xunta Local de Protección Civil —Concello, Xunta, Sergas, Voluntarios de Protección Civil, Policías Local, Autonómica e Nacional, Garda Civil, Autoridade Portuaria, Deputación, 061 e Bombeiros—, o documento levarase a pleno para a súa aprobación definitiva. Unha das primeiras funcións do novo PEMU, que dirixirá o alcalde, Ángel Mato, e coordinará o concelleiro Costoya, será desenvolver un simulacro.

O edil tamén informou de que xa se está traballando na redacción dos estatutos da propia Xunta Local de Protección Civil.

Lea también

Psoe Ferrol «hai fórmulas para a estabilidade económica de Emafesa sen subirlle o recibo aos veciños»

O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de …