O BNG leva ao Parlamento Galego a supresión dun profesor de apoio no CEIP Manuel Masdías

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego ven de rexistrar unha iniciativa no Parlamento Galego na que se interesa pola problemática existente no CEIP Manuel Masdías pola supresión dunha praza de profesor de apoio para educación infantil e esixirlle á Xunta de Galicia que cubra dita praza tal e como demanda a comunidade educativa do centro.

O BNG manifesta unha vez máis «a súa solidariedade e e apoio a esta xusta reivindicación e considera que é de xustiza que a Consellería de Educación rectifique e repoña a praza de profesor de apoio coa que contaban até o curso pasado«.

O BNG na súa iniciativa sinala que este colexio conta cun total de 43 nenos e nenas matriculadas na etapa de educación infantil polo que segundo se estipula na Orde do 12 de agosto de 2010, na que se estabelece o número de unidades e postos de traballo, seguiríanlle correspondendo catro docentes. Cómpre lembrar que non existe ningunha lei nen normativa que fixe un número mínimo de alumnas por centro ou etapa que avale a supresión dun profesorado nestas condicións polo que a decisión foi tomada de xeito arbitrario pola administración educativa.

A supresión desta praza de profesor de apoio está a causar problemas xa que a falla deste docente obriga a que sexa o propio persoal do centro quen se teña que encargar de suplir estas labores.

Para o BNG a decisión da Consellería de Educación «é arbitraria e fora do marco legal que non se xustifica de ningún xeito. É censurábel que a decisión da Xunta de Galiza se tome xustamente o ano que o centro conta con máis matricula que os anos precedentes, nos que si que contaban con este profesor. Esta medida da Xunta de Galiza polo tanto non ten en conta as necesidades do centro e obedece só a unha política de aforrar custos que vai en detrimento da calidade da escola pública na nosa cidade e no resto do pais«.

Lea también

Psoe Ferrol «hai fórmulas para a estabilidade económica de Emafesa sen subirlle o recibo aos veciños»

O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de …