Ferrol en Común reitera á creación dunha mesa de traballo para realizar un calendario de actividades de divulgación da figura de Ricardo Carvalho Calero

No Pleno Ordinario do mes de outubro, Ferrol en Común presentou unha moción relativa á creación dunha mesa de traballo para o impulso e divulgación cultura de Ricardo Carvalho Calero na que participaran os grupos municipais e todo o tecido social da cidade que leva años traballando e pedindo o recoñecemento de Carvalho Calero polo día das Letras Galegas. Esta moción foi aprobada por unanimidade, “incluído polo goberno desta cidade” recalcaba Suso Basterrechea en rolda de prensa, polo que non entendemos que aínda non se haxa posto en marcha esta convocatoria.

Vimos na prensa que o alcalde tivo unha xuntanza co presidente da Real Academia Galega pero descoñecemos a que puntos de encontro se chegaron” dicía Basterrechea, “tamén vemos como as entidades convocan as súas propias actividades” comentaba o edil, mentres o goberno da cidade non convoca unha mesa de traballo para elaborar un calendario común para organizar eses eventos.

Por todo elo, “cremos que é o momento de facer reflexión e dar contido á nosa moción aprobada por unanimidade” explicaba Suso Basterrechea, xa que o tempo bótase enriba «e para nos é unha cuestión moi importante polo que Ferrol en Común impulsará a posta en común de todo o traballo e iniciativas das diferentes entidades sociais para ter un calendario articulado se o goberno non é quen de facelo«, “daremos un marxe de confianza ao goberno” detallaba Basterrechea, pero se o goberno non convoca un espazo de traballo onde se unifiquen os esforzos de toda a cidade, “nos trataremos de impulsar ese espacio para articular un calendario” dicía o concelleiro.

Ademais, Suso Basterrechea quixo felicitar ao actual goberno pola continuidade da figura do Apalpador, unha tradición que rescatou Ferrol en Común no seu mandato en colaboración coa Fundación Artabria e que a día de hoxe xa está moi arraigada nos colexios e incluso na cidade, polo que “damos os nosos parabéns por manter o apoio a esta tradición que comezou co noso goberno” remataba Suso Basterrechea.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …