O BNG censura o «comportamento caprichoso» do goberno local ao pretender mudar de data o Pleno Ordinario

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol censura a pretensión do alcalde da cidade e do goberno local de querer modificar a data de celebración do pleno ordinario do mes de decembro, previsto para o vindeiro xoves día 26, «sen outro motivo que o de estar en plenas datas de celebracións do nadal».

Para o BNG esta proposta, formulada polo goberno municipal, «é unha mostra do comportamento caprichoso do goberno en función exclusivamente dos seus intereses partidarios«.

O BNG cre que esta decisión «está lonxe de ser unha anécdota» e lembra que hai menos dun mes o goberno local argumentou a «imposibilidade de modificar a data de celebración do pleno ordinario diante da solicitude do BNG pola coincidencia do mesmo coa convocatoria da manifestación comarcal para esixir a reindustrialización da nosa comarca«.

No pleno anterior o alcalde da cidade «decidiu unilateralmente retirar da orde do día unha moción presentada polo BNG en apoio ao sindicalista da CIG, López Pintos, vulnerando os dereitos básicos dos grupos municipais tal e como se recolle no regulamento municipal«.

Estas decisións, xunto a anunciada no día de hoxe, «demostra o comportamento partidario e o uso das normas en función exclusiva dos seus propios intereses. Un comportamento lamentábel e hipócrita dunha organización política como o PSOE que recorre ao argumento da legalidade para xustificar as súas decisóns políticas e que cando non lles interesa saltan por riba das normas sin ningún problema«.

O BNG considera que ao alcalde de Ferrol «preocúpanlle máis as vacacións de nadal que a reindustrialización da nosa comarca«.

Lea también

Los trabajadores de Noa se concentran ante los Juzgados de Ferrol

Los trabajadores de Noa tenían este lunes en los Juzgados de Ferrol el juicio por …