Eva Martínez destaca na xornada sobre Migracións e Violencias que Ferrol debe ser exemplo de “tolerancia e integración”

Eva Martínez na Xornada de Migración e Violencias | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social que dirixe Eva Martínez Montero, celebra no día de hoxe, coincidindo co Día Internacional do Migrante, a primeira Xornada de Migración e Violencias en colaboración coa Asociación Migración Humana. Baixo o título “O rostro da empregada do fogar”, a primeira edición desta iniciativa municipal trata a problemática destas traballadoras.

Martínez Montero inaugurou a xornada e destacou que nun momento no que “vivimos un aumento de racismo e xenofobia, este Concello debe ser exemplo de tolerancia e integración”. Neste sentido, sinalou que do mesmo xeito “que queremos que traten ben a nosos familiares cando emigran, este equipo de goberno quere dar as mesmas oportunidades aos nosos veciños independentemente do lugar de procedencia”. Pola súa banda, Katya González, da Asociación Mobilidade Humana, agradeceu á edil a súa implicación para dar visibilidade ao colectivo migratorio. A xornada de hoxe é a primeira das accións que a concellería de Benestar Social leva a cabo en este sentido.

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …