Empate entre O Esteo e Cidade de Narón nun derbi accidentado

Instante do derbi entre O Esteo e Cidade de Narón | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo de fútbol sala empatou 3-3 co Cidade de Narón no derbi accidentado deste sábado, i é que o encontro comezou moi tarde porque non había luz, e no segundo tempo houbo que interromper o xogo varias veces por goteiras.

Nun primeiro tempo trepidante marchaban os locais ao descanso con 3-2, gracias entre outras cousas a un paradón de Javichu ante dous xogadores rivais que chegaron sos á área local.

No segundo período os visitantes lograban o empate tras un disparo raso de Guille, nun segundo acto no que destacaron dous tiros ao pau dos azuis e unha ocasión de Noé que tivo a vitoria na súa man pero non alcanzou a concretar un remate de cabeza coa porta baleira.

Os ponteses rematan o ano e a primeira volta terceiros con 30 puntos, e iniciarán o 2020 recibindo ao Gijón, mentres os naroneses, despois de perder 6-0 na Copa de Galicia e 3-2 na Copa do Rei puntuan por primeira vez no derbi no que vai de campaña.

O Esteo: Javichu, Héctor, Rober, Cokito, Troncho – Noé, Jacobo, Martín, Jhony.

Cidade de Narón: Nico, Diego, Brais, Chapu, Iván – Guille, Mario, Rubén, Jaime.

Goles: 1-0, Cokito (3´), 2-0, Héctor (4´), 2-1, Chapu (5´), 3-1, Rober (10´), 3-2, Brais (15´). 3-3, Guille (32´).

Tarxetas: Amarelas a Rober, Cokito, Mario, Diego, Rubén.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Lea también

O Club Kang competiu na 6ª Edición Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

Este sábado o Club Kang, clubes de taekwondo e Kickboxing, con sede en Fene e …