Presentado el catálogo de ideas y proyectos para el sector pesquero, publicado por el GALP

O Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón acolleu a presentación do Catálogo de Ideas e Proxectos de referencia para o sector pesqueiro, editado polo GALP Golfo Ártabro Norte e correspondente á presente anualidade. Trátase de 18 proxectos produtivos (de bens ou servizos) e outros 8 proxectos non produtivos (de interese público), situados nos concellos que abarca este Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP).

Os proxectos atópanse en Pontedeume, Mugardos, Ares, Narón, Neda, Fene, Miño e Paderne. Trátase de actuacións relacionadas maioritariamente coa hostalería e o turismo, o medio ambiente e o sector pesqueiro e marisqueiro. O 65% do importe do programa de axudas está destinado a proxectos produtivos, e o 35% restante a proxectos non produtivos.

A publicación recolle un análise da situación actual do programa, no que destacan o cumprimento case do 100% de dous dos seus obxectivos: a creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación cara a novas actividades económicas, e o fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras. Estes datos corroboran que estanse a cumprir os requisitos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Norte.

O acto contou coa presenza de autoridades políticas locais, representantes das confrarías de pescadores e mariscadores, asociacións empresariais e sociais, e autónomos beneficiarios das axudas. En total editáronse 1.000 exemplares desta guía, que se unen ós 2.500 exemplares da Guía de Confrarías, e a outros 1.000 folletos divulgativos sobre a actividade e a liña de axudas do GALP Golfo Ártabro Norte. Estas tres publicacións pódense atopar na oficina do GALP (Casa do Pescador, Miño) e tamén se distribuirán en posteriores actividades divulgativas desta liña de axudas. O prazo para solicitar os fondos remata o 1 de marzo do 2020.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …