Ferrol en Común lamenta a exclusión das comparsas na organización do entroido deste ano

Instante de un Festival de comparsas | Concello de Ferrol

O entroido é unha celebración cunha larga tradición popular «que grazas ao traballo da anterior corporación de Ferrol en Común rexurdiu na nosa cidade pasando de unha comparsa ate sumar 7 só de Ferrol, máis as que proceden doutras localidades da contorna, sumando un total de 15 comparsas e 3 grupos no último ano«, afirman dende a formación.

Dende que Suso Basterrechea fíxose responsable da concellería de festas, «levou a cabo numerosas xuntanzas coas comparsas de Ferrol para darlles voz na organización do evento, xa que elas son as verdadeiras protagonistas deste festexo«.

A día de hoxe, o goberno actual do PSOE «non mantivo nin unha reunión cos grupos de entroido para a elaboración das bases e organización das festas«. Entenden que esta actitude «non pode ser consentida pois xera un gran desconcerto entre as comparsas e é unha falta de respecto ao seu traballo desinteresado que cada ano amosaban cheando de alegría e cor as rúas da nosa cidade«.

«O esforzo pola recuperación dunha tradición popular como esta que da vida aos barrios, aos negocios e á cidade en xeral e que cada vez contaba con máis apoio, non pode non contar coa participación das comparsas do noso municipio«, afirman dende Ferrol en Común.

Lamentan profundamente o proceder do goberno de Ángel Mato, «que non é capaz de recoñecer un bo traballo e continualo en prol da cidadanía a cal botábase as rúas nas datas do entroido. Unha vez máis, non están abertos á participación pero aínda así pedímoslle á actual corporación que convoque ás comparsas a unha xuntanza para traballar en grupo como víñase facendo ata agora e con grandes resultados«.

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …