Julián Reina traslada á Xunta as aportacións veciñais ao novo transporte metropolitano

Reunión de Julián Reina na Xunta | Concello de Ferrol

Julián Reina, concelleiro de Mobilidade e Urbanismo, reuniuse onte na Coruña co xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e co xefe de explotación para trasladarlles o documento que recolle as achegas recibidas na súa concellería por parte das asociacións veciñais e particulares ao novo servizo de transporte metropolitano de Ferrol, que desde o pasado día 1 de xaneiro xestiona a empresa Alsa e que é competencia da Xunta.

Tras o encontro, o edil destacou a boa disposición da Administración autonómica para adaptar os novos percorridos dos autobuses ás necesidades expostas polos veciños de Ferrol. Resaltou que tras lograr axustar as paradas da liña que une Cobas cos institutos do centro da cidade e que a diario é utilizada por estudantes do rural, agora unhas das prioridades é mellorar a actual conexión de Caranza co centro da cidade e co hospital Marcide para que os veciños do barrio cheguen a tempo a seus postos de traballo, como sucedía ata a posta en marcha do novo servicio metropolitano.

Neste senso, o concelleiro lembrou que o traballo conxunto entre o Concello, a Xunta e Alsa centrarase a corto prazo nas demandas veciñais vencelladas coas conexións con centros escolares, universidade e postos de traballo. Ao mesmo tempo, recalcou Reina, “traballamos tamén no resto de suxerencias expostas tanto por asociacións veciñais como por particulares”.

Mellorar a información ao cidadá

Outro dos asuntos tratados na reunión de onte foi a necesidade de completar e mellorar a información ao cidadá respecto aos novos percorridos e horarios. Neste senso, o concelleiro explicou que o Concello pon a disposición do novo servicio metropolitano o Centro de Recursos Informáticos (CRI) municipal co obxectivo de contribuír á maior difusión das novas liñas de transporte.

En permanente contacto cos afectados

Tras a cita de onte, o edil anunciou que trasladará o resultado da reunión ás asociacións veciñais nun novo encontro cos seus representantes. O último tivo lugar o pasado 9 de xaneiro na concellería de Urbanismo e Mobilidade, cando Reina se comprometeu a reunir nun documento as súas reclamacións e defendelas ante a Xunta. Tras cumprir onte este trámite, nos próximos días o concelleiro trasladaralles os novos pasos que dará o Concello.

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …