Ferrol en Común critica que o goberno incumpre a moción sobre Carvalho Calero aprobada por unanimidade

Fot.Adán Puentes

O goberno de Ferrol «volve a incumprir a nosa moción aprobada por unanimidade no Pleno de outubro na que pedíamos que se convocase unha Mesa de traballo formada polos grupos municipais e polo tecido social da cidade que tanto tempo leva loitando para conseguir a merecida homenaxe ao profesor Ricardo Carvalho Calero polo Día das Letras Galegas«, sinalan dende Ferrol en Común.

Este goberno «pensou que podía lavar a súa imaxe convocando unha xuntanza sen contido, unicamente cos grupos municipais, censurando a participación a outros grupos e asociacións con intereses neste tema, como ben sendo a tónica habitual«.

Dende Ferrol en Común afirman «como non podía ser doutra forma, a xuntanza non se levou a cabo por respecto ao resto do tecido asociativo, que son unha das partes máis importante na organización dun calendario de actividades para homenaxear a figura de Carvalho Calero«.

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …