Ferrol en Común, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Marea de Vigo únense para dar voz ás demandas do municipalismo galego

Rolda de prensa de Ferrol en Común, Compostela Aberta, Marea Atlántica e Marea de Vigo | Ferrol en Común

Ferrol en Común, a Marea Atlántica, Compostela Aberta e Marea de Vigo mantiveron hoxe un encontro en Ferrol para analizar os retos do espazo municipalista en Galicia e unir forzas na reivindicación da autonomía local dentro do novo marco político. As voceiras e voceiros das catro formacións compartiron ideas e proxectos na que foi a súa primeira xuntanza tras o longo ciclo electoral que rematou coas últimas eleccións xerais e a chegada dun goberno progresista á Moncloa.

No encontro participaron Jorge Suárez e Xiana Penedo, por Ferrol en Común; María García e Iago Martínez, pola Marea Atlántica; Martiño Noriega e Marta Lois, por Compostela Aberta; e Rubén Pérez e Oriana Méndez, pola Marea de Vigo. Estes encontros de coordinación terán continuidade e iranse ampliando no futuro coa presenza doutras formacións municipalistas.

Como sinalou Jorge Suárez, o obxectivo deste encontro foi “a reivindicación dunha política de proximidade, que poña as persoas no centro e teña o ben común como obxectivo”, e unir forzas “nun momento crucial no país, cando temos por diante un ciclo electoral que abre unha oportunidade para un cambio na Xunta, cun goberno que poña as cidades no lugar que merecen”, en lugar de combatelas como fixo Feijóo ata o de agora.

María García engadiou que “o obxectivo é elevar unha voz unánime para transmitir as demandas das cidades ao resto das administracións, tanto á Xunta como ao goberno do Estado”, e lembrou que “compartimos posicionamentos políticos en xustiza social, dereito a cidade. compromiso ambiental, ou feminismo, entre outras áreas, e padecemos as mesmas carencias nos nosos municipios”.

Contra as leis de austeridade

A voceira da Marea Atlántica referiuse tamén a políticas concretas que afectan ás catro cidades, como as abusivas peaxes da autoestrada AP9, as malas conexións por ferrocarril con Ferrol e Lugo, a tendencia do Ministerio de Defensa «a especular coas súas propiedades en lugar de cedelas como espazo público«, e os diferentes proxectos de estacións intermodais. E reclamou “a fin da asfixia que supoñen as leis de austeridade, que hipotecan a capacidade dos concellos para investir en servizos para a cidadanía, e favorecen as privatizacións”.

Nestes puntos estivo de acordo Rubén Perez: “Temos un reto político polo que debemos pular: É fundamental a derogación de leis como a Lei Montoro, que leva anos oprimindo ás administracións locais e impendindo o desenvolvemento de políticas con sostenibilidade democrática e social nas que os concellos poidan investir na mellora da vida das persoas”.

O portavoz da Marea de Vigo defendeu, ademais, “o traballo político realizado no anterior mandato polos gobernos de Ferrol, A Coruña e Compostela como un referente no municipalismo galego, con logros como a democratización dos espazos públicos, os orzamentos participativos ou a loita contra a pobreza, elementos fundamentais que se deben seguir desenvolvendo”.

Finalmente, Martiño Noriega sinalou que “os grupos municipais que estamos aquí representamos a máis de 50.000 persoas que nos votaron en maio. É a nosa obriga cooperar para abrir debates, utilizar o noso capital político e a experiencia institucional e de goberno para mudar as políticas no país«.

Desde a experiencia de Compostela Aberta, Noriega botou a vista atrás e asegurou que “seguiremos desafiando os poderes fácticos, porque estase a demostrar que o problema non era o que faciamos, senón quen eramos. Hoxe en Santiago mantéñense os nosos grandes proxectos e as accións que eran atacadas sistemáticamente cando CA gobernaba, e o mesmo sucede na Coruña e Ferrol«.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …

Un comentario

  1. Uno a estas alturas no sabe si reír o llorar cuando escucha a Jorge Suarez diciendo que hay que defender a los ciudadanos esperemos que en su mente no este la formula empleada en Ferrol que nos dejo sin plumas y cacareando con sus políticas de privatización de todo lo publico, cuando se le acabo el chollo de los 40.000 del ala ahora busca refugio en otro chiringuito como puede ser el Parlamento de Galicia, y que mejor que camuflado en una coalición donde pasara mas desapercibido de sus andanzas pues ya me dirán de lo que lo conocen en Boiro poniendo como ejemplo, allí les largaría la verborrea de izquierdoso para ver si pica el pancho pero creo que se equivoca a estas alturas ya todo el mundo sabe de que pie cojea, esperemos que de alcanzar su pretensión no pueda influir en lo publico porque lo mismo privatiza cualquier servicio que le pone un impuesto a la carretera para que a la gente le sea mas económico viajar en autopista que hacerlo por carreteras de titularidad publica, creo que se equivoco de bando porque su gran influencia fue siempre el OPUS lo de izquierdas fue circunstancial y proporcional a su interés por los salarios sin pegar golpe