Un total de 16 estudantes optan a representar ao Concello de Ferrol na VII Mostra Musical do Eixo Atlántico do mes de abril

Un total de 16 estudantes de música optan a representar ao Concello de Ferrol na XII Mostra Musical do Eixo Atlántico, que terá lugar na cidade os días 18 e 19 de abril. Trátase dun fin de semana nel que Ferrol reunirá a cerca de 400 alumnos das escolas municipais de música e conservatorios dos municipios galegos e portugueses que integran o Eixo Atlántico.

Dos 16 —9 alumnas e 7 alumnos—, oito residen en Ferrol, 2 en Pontedeume, 2 en Narón, outros dous en San Sadurniño, un en Cedeira e outro en Valdoviño. En canto ao instrumento co que aspiran a representar ao Concello, 4 queren facelo ao piano, 3 co violín, dous co fagot e os sete restantes co saxofón, frauta, clarinete, trompeta, óboe, chelo e guitarra.

En febreiro, as probas de selección

As probas de selección terán lugar no Conservatorio Profesional “Xan Viaño” os días 7 e 8 de febreiro. De entre as persoas inscritas para participar, o xurado seleccionará un máximo de dous participantes fixos para a Mostra (de calquera das categorías) e dous provisionais.

O obxectivo da mostra é o de recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da música, apoiando ós músicos intérpretes que polo seu valor e interese poidan contribuír á difusión do gusto pola música de Galicia e do norte de Portugal, favorecendo a innovación, a calidade, a interacción e a renovación no panorama musical do Eixo Atlántico. A anterior edición tivo lugar en maio de 2018 en Vila Real (Portugal), participaron 20 cidades e celebráronse 42 actuacións. Desde a súa primeira edición en 2008, a Mostra Musical do Eixo Atlántico consolidouse como unha das actividades máis emblemáticas e transversais nas áreas de educación e cultura.

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Educación, que dirixe Antonio Golpe, e co apoio da concelleira de Turismo, María Teresa Deus, leva meses traballando nesta iniciativa na que colabora activamente o Conservatorio Profesional “Xan Viaño”.

Lea también

Ferrol se adhiere a la Red de Municipios en Transición Justa-ACOM

El teniente alcalde de Ferrol y concejal de Promoción Económica y Empleo, Javier Díaz, avanzó …