Cabanas celebra este sábado a Regata de Inverno de Piragüismo

O Concello de Cabanas organiza este sábado 8 de de febreiro, en colaboración co Club KDM e a Federación Galega de Piragüísmo a Regata de inverno amigable do Concello de Cabanas.

O alcalde e responsábel da área de deportes, Carlos Ladra, estima a presenza de 500 padeeiros de todas as categorías. “Trátase do primeiro evento deportivo de 2020 organizado polo Concello, que atraerá unha gran cantidade asistentes e xera un pico de traballo moi valorado polo comercio e hostelaría locais”, engadiu.

A regata comezará ás 12 da mañá na zona de paseo situado no Día Oito, entre a ponte de pedra e a da autoestrada. Para a realización de evento contarase cunha carpa, onde as persoas participantes poderán xantar unha vez rematada a regata, e un despregamento especial de Protección Civil de toda a comarca para garantir a seguridade e a organización do evento.

Así mesmo, o Concello de Cabanas cederá o salón de plenos para a celebración da Asemblea Ordinaria da Federación Galega de Piragüismo.

Lea también

Reserva de entradas para el partido del Racing Club Ferrol frente al CD Tenerife

El Racing Club Ferrol gestionará la reserva de las entradas que el CD Tenerife le ha …