Aberto o prazo para presentar propostas para o ciclo Domingos a Escena

(Foto: Galicia Ártabra.).

O concelleiro de Cultura e Educación, Antonio Golpe, e a presidenta da asociación de veciños de Caranza, María del Pilar Rodríguez Venancio, presentaron esta mañá o ciclo teatral Domingos a Escena, unha iniciativa de balde e xa consolidada no barrio impulsada polo Concello de Ferrol. O obxectivo é facer posible o acceso ás artes escénicas.

As representacións celebrarase os domingos ás 19 horas entre os meses de marzo e maio e de setembro a decembro e o prazo para que as compañías de teatro afeccionado presenten as súas propostas estará aberto ata o próximo 20 de febreiro.

Golpe valorou o ciclo como “moi exitoso” e dixo que conta cun público “fiel”. É unha cita “que funciona” e que “é nosa vontade manter”. O concelleiro explicou que este ano a selección das compañías que participarán en Domingos a Escena realizarase a través da productora executiva do Teatro Jofre.

Pola súa banda, a representante veciñal agradeceu ao Concello de Ferrol a súa implicación para sacar adiante un ciclo “que enche o salón de actos do centro cívico”, dixo. Trátase dun “referente do teatro amador en Galicia”.

Lea también

Confirmación das datas do I festival «Pontedeume vila do libro»

O Concello de Pontedeume converterase este ano na primeira vila do libro galega, un proxecto …