O fotógrafo Gabriel Tizón ofrecerá mañá unha visita guiada pola súa exposición “Vidas” no Torrente Ballester

Exposición de Gabriel Tizón no Torrente Ballester | Concello de Ferrol

A exposición fotográfica Vidas, do artista Gabriel Tizón e impulsada polo Concello de Ferrol, abriu ao público o pasado mes de novembro no centro cultural Torrente Ballester. O autor das fotografías realizará mañá venres, ás 18 horas, unha visita guiada pola súa exposición. Acompañará aos visitantes que o desexen no seu percorrido pola exposición, contestando dúbidas e comentando a intención das imaxes. Revelará ademais algunhas das historias que agochan as fotografías. Os interesados en participar deben acudir ás 18 horas ao Torrente.

O seu peche estaba previsto para o día 15 deste mes, pero ante a boa acollida da mostra o Concello vén de prolongarlla ata o 28 de febreiro. Pode visitarse de 11 a 14 horas e de 17 a 21 de martes a sábado e de 11 a 14 os domingos.

Lea también

O CIRS de Cervás de Ares, énchese polo Día Mundial do Teatro

Cunha radio xigante onde se poden ler nomes de lugares de todo o mundo, dende …