Á venda as entradas de Aretha Soul Divas, que actuará en Ferrol o día 7 de marzo

Aretha Soul Divas

Xa están á venda as entradas para Aretha Soul Divas, unha actuación que terá lugar o próximo 7 de febreiro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Ferrol. Catro voces femininas, acompañadas pola banda The Silverbacks, recordarán á gran cantante estadounidense do soul Aretha Frankin. As entradas, a partir de 12 euros, poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Jofre.

Pola súa banda, o día 23, ás 18 horas, chega ao escenario do Jofre a obra As pitas baixo a choiva, da compañía Ghazafelhos. Trátase dunha obra escrita por Carvalho Calero dirixida a un público familiar a partir de 5 anos que narra un feito anecdótico da infancia do autor. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos. As entradas son gratuítas e xa poden retirarse no despacho de billetes do Teatro Jofre.

O horario de atención ao público é de martes a venres de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas. Sábados, domingos e festivos de función, abrirá pola mañá de 11 a 13 e pola tarde dende dúas horas e media antes do inicio da mesma.

Lea también

Fene conmemora o Día do Libro con maxia para soñar

Cun “espectáculo sorprendente, para gozar en familia, no que o ilusionista Mago Marco proporá unha viaxe …