Germán Costoya reuniuse con dous verificadores do Ministerio do Interior

Reunión de Germán Costoya cos representantes do Ministerio do Interior | Concello de Ferrol

O concelleiro de Seguridade e Tráfico, Germán Costoya, mantivo esta semana no pazo municipal unha reunión con dous representantes do Ministerio de Interior, Adela Fernández e Serafín Antoñón, ambos dous verificadores de traballos en beneficio da comunidade. Tamén estivo presente o coordinador deSeguridade, Santiago Troitiño.

Trátase do primeiro encontro de seguimento despois de que o Concello de Ferrol establecese un convenio co Ministerio do Interior, a través da Secretaría General de Instituciones Penitenciarias, e aprobado no pleno de outubro para que seis penados realicen ditos traballos no Concello.

Lea también

Chelo Loureiro visita los colegios de Ferrol

La productora ferrolana Chelo Loureiro ha comenzado este miércoles 24 en el CEIP de Ponzos …