O antigo hospicio acollerá o próximo 5 de marzo un curso gratuíto de redacción de proxectos europeos

O próximo 5 de marzo, de 9.30 a 14.30h, o antigo hospicio de Ferrol acollerá o obradoiro Redacción de Proxectos Europeos: Erasmus +. A actividade, organizada pola Deputación da Coruña coa colaboración da concellería de Economía, Facenda e Emprego, que dirixe María Teresa Deus, é gratuíta e pretende dotar aos participantes de ferramentas para realizar un proxecto no marco dos programas Erasmus+ e Cuerpo Europeo de Solidaridad co fin de aumentar a participación das organizacións e administracións locais en proxectos que fomenten os intercambios xuvenís e do voluntariado europeo.

O curso conta con 25 prazas e está dirixido a persoal técnico dos concellos así como aos membros de organizacións sen ánimo de lucro interesados en promover a mobilidade xuvenil no seu territorio. Inclúe o estudo e a descrición dos programas europeos; ferramentas para pasar da idea ao proxecto identificando o contexto, as necesidades, obxectivos e a identificación dos participantes; indicadores para facer un seguimento do proxecto e métodos para a difusión dos resultados e a xestión económica e administrativa da iniciativa.

A inscrición é por orde de chegada. O prazo xa está aberto e rematará ás 13 horas do 4 de marzo. Pode realizarse a través de europedirect@dacoruna.gal e no número de teléfono 981 080 331. Máis información en www.dacoruna.gal/europedirect.

Lea también

Gráficas del domingo. En abril, aguas mil

Sobre las tres de la tarde de este domingo «cayó sobre la ciudad» un tremendo …